MISIÓN

Conservación do patrimonio cultural

A misión do Grupo Etnográfico Traxandaina é preservar, promover e difundir a riqueza cultural de Galicia, especialmente a través do estudio, reprodución, recreación e difusión dos diferentes elementos identitarios da rexión, cun enfoque particular na vestimenta tradicional.

O Grupo Etnográfico Traxandaina ten un forte compromiso coa investigación meticulosa das técnicas, materiais e significados asociados coa vestimenta galega, recreando fielmente o saber facer de xeracións pasadas e mantendo viva a tradición compartindo este coñecemento e aprecio pola nosa cultura a través de eventos, exposicións e actividades educativas, contribuindo así a fortalecer o vínculo entre as xeracións presentes e futuras co seu patrimonio cultural.

PERCORRIDO EN CIFRAS

Traxandaina

O percorrido de Traxandaina é moito máis que cifras,

pero aquí amosamos algunhas das máis destacadas.

132

Charlas formativas realizadas ao longo de Galicia, España e Europa

15000

Persoas visitaron as nosas exposicións

78

Aparicións en publicacións

LEGADO

Unha ponte entre pasado e futuro.

O Grupo Etnográfico Traxandaina quere ser unha ponte entre pasado, presente e futuro, entre xeracións que se entrelazan pola identidade cultural de Galicia. Con meticulosidade e paixón, este grupo de investigadores e entusiastas da tradición galega se sumerxe no universo dos tecidos, indumentos e técnicas ancestrais rescatando do olvido patróns, deseños e significados que falan dun pobo.

No Grupo Etnográfico Traxandaina queremos ir máis aló da mera reprodución de traxes, catalizando a identidade e favorecendo o camiño cara a comprensión e o respecto pola diversidade cultural. As súas accións non soamente embelecen festividades e eventos, senón que tamén fortalecen o sentido de pertenencia e orgullo entre as diferentes comunidades galegas, tanto dentro coma fóra das súas fronteiras.

Non. Traxandaina Traxe tradicional era unha marca comercial, pola contra, o Grupo Etnográfico Traxandaina é unha organización non lucrativa centrada en investigar, conservar, reproducir e difundir todos os coñecementos acumulados durante anos de estudo sobre a vestimenta galega, cultura e tradición.

Actualmente non dispoñemos de ningunha forma de apoio aberta ao público xeral. Porén, se busca unha maneira de contribuir ás actividades do Grupo Etnográfico Traxandaina, póñase en contacto con nós a través dos medios que se citan na web.

Si, seguimos a realizar actividades formativas como eventos, faladoiros, conferencias, exposicións, obradoiros de formación e moitas máis. 

Mentres que a maioría de asociacións culturais - no ámbito da cultura tradicional - están centradas en impartir clases, xa sexan de baile ou de música, o Grupo Etnográfico Traxandaina centra as súa actividade na investigación e na difusión de aspectos tradicionais coma a vestimenta, os usos e costumes dos antergos, así coma música, tradicións orais, actividades rurais e oficios artesáns, entre outras.

NÓS

¿Quen somos?

Mª Teresa Astorgano Casal

Presidenta

Investigadora, experta en indumentaria, artesá e entusiasta impulsora deste proxecto. O seu enfoque riguroso e analítico permítenos comprender as raíces e a evolución da vestimenta tradicional, contribúe á preservación da cultura galega dende hai máis de 17 anos.

Colaboradora no deseño da peza gañadora do premio Artesanía de Galicia no ano 2020 e recoñecida "lucense do ano" no 2021, Mª Teresa Astorgano comparte o seu saber facer como artesá fomentando un maior entendemento e aprecio pola identidade cultural galega.

Carmen Basadre Vázquez

Secretaria

Antiga funcionaria da Seguridade Social, Carmen Basadre formou parte activa na vida política de Lugo con especial implicación nos dereitos sociais e a igualdade entre mulleres e homes.

Especialmente interesada na vida cultural da cidade, Carmen segue a formar parte do eido artístico a través da súa faceta como actriz de teatro.

Antonio Sanjurjo Astorgano

Tesoureiro

A súa prolongada experiencia como especialista en comunicación corporativa, deseño e fotografía de produto garante unha imaxe coherente na promoción e difusión das actividades do grupo. O seu compromiso e versatilidade fan de Antonio un activo invaluable para o Grupo Etnográfico Traxandaina.